Thursday 28 de March de 2024

Aberto o prazo para solicitar as axudas do Concello das Somozas para a adquisición de material escolar


• A convocatoria permanecerá activa desde o 9 ao 28 de setembro. O trámite poderá realizarse no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica.

• Esta liña de subvencións pretende facilitar o acceso á educación do alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESI, FP Básica, Bacharelato e Cursos Formativos.

Xa está aberto prazo para solicitar as axudas a familias para a adquisición de material escolar que dispón o Concello das Somozas de cara o vindeiro curso escolar.

A convocatoria permanecerá activa desde o 9 ao 28 de setembro e poderán acollerse a ela todos aqueles alumnos e alumnas matriculados en Educación Infantil e Primaria, ESI, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos.

O trámite poderase realizar a través do Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica (https://bit.ly/3BVlVyT), onde están dispoñibles os anexos e a listaxe da documentación necesaria.

Para a xustificación das axudas concedidas admitiranse facturas con data a partir do 1 de xullo do 2021. As bases desta convocatoria aparecen publicadas no Boletín Oficial da Provincia do mércores 8 de setembro.